Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Carballo pon en valor as marismas de Baldaio cun novo panel informativo no miradoiro de Sambade


O panel para fotos colocado a semana pasada na zona da ponte de Baldaio in-corpora unha “zona selfie”

Ademais de gozar dunhas vistas espectaculares da marisma de Baldaio, agora no miradoiro de Sambade poderás aprender moito máis sobre este impresionante espazo natural. A Concellaría de Medio Ambiente vén de colocar un novo panel con información sobre a importancia das marismas para a conservación dos nosos recursos naturais, así coma unha serie de consellos para conservalas no mellor estado posible. Toda a información está dispoñible en galego, castelán e inglés.

A mesa informativa de Sambade súmase ao panel instalado a semana pasada na zona da ponte de Baldaio, e forma parte dun plan de sinalización e posta en valor dos nosos recursos naturais que inclúe un total de 15 elementos físicos de distinto tipo, en función do seu emprazamento e das características do espazo.

O soporte situado xunto ao sendeiro peonil de Baldaio, entre a caseta de observación de aves e a ponte, estase a converter nun punto de referencia para as persoas que visi-tan a zona, e xa son moitas as fotografías realizadas aproveitando o marco do propio panel coa marisma de fondo. Para facilitar a súa utilización, hoxe mesmo quedou insta-lada unha “zona selfie”, que non é máis ca un soporte de madeira especialmente prepa-rado para poder colocar o teléfono móbil á altura e á distancia axeitadas para tomar a fotografía.

A intención do Concello de Carballo é seguir renovando, completando ou implantando elementos físicos que contribúan á divulgación dos principais valores medioambientais do litoral carballés para seguir promovendo un turismo cada vez máis sustentable, ob-xectivo que tamén nos marcamos co programa Eu quero Razo-Baldaio, que despois dun intenso verán, rematará este sábado 26 cunha limpeza colectiva de plásticos e mi-croplásticos guiada por Adega. Aínda quedan prazas!